Bono Concilia Familia
Para coidados na casa ou campamentos de nenos nados entre 2013 e 2022.
- Contía
- ata 500 €
- Estado
- Pechada · volve cada ano
Pechou o 09/10/2026 - Quen a dá
- Xunta · Política Social
- Código
- BS412A
Quen pode pedila
- Familias residentes en Galicia con fillos ou fillas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022.
- Pídeno pais, nais, titores, acolledores ou gardadores con fins adoptivos.
- Nalgúns casos (vacacións escolares, enfermidade) tes que estar traballando.
Canto se cobra
- Ata o 75 % do gasto (ata o 100 % en familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con fillos con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero).
- Ata 500 € por familia para unha empregada do fogar ou coidados a domicilio.
- Ata 200 € por neno ou nena para ludotecas, servizos de conciliación ou campamentos privados.
Como se pide
- Só electronicamente na sede da Xunta (código BS412A), con Chave365 ou certificado.
- Unha solicitude por menor e por tipo de gasto, con facturas e xustificantes de pago.
Prazo
En 2026 foi do 9 de setembro ao 9 de outubro. Sae cada ano.
Que non se che escape ningunha.
Apúntate e avisámoste cando abran as axudas que encaixan contigo.
AvísameRevisado o 04/11/2026. Isto é un resumo: se algo non cadra, valen as bases oficiais.