Préstamos directos Igape
Financiamento con xuro rebaixado para proxectos en Galicia. Non é a fondo perdido.
- Contía
- Préstamo
- Estado
- Aberta
Ata o 01/12/2026 - Quen a dá
- Xunta · Igape
- Código
- IG408B
Quen pode pedila
- Empresa (segundo a modalidade, tamén persoas físicas, sociedades civís e comunidades de bens) cun proxecto nun centro de traballo en Galicia.
- Gastos e investimentos feitos e pagados desde o 1 de xaneiro de 2026 e nun sector financiable.
- Non estar en concurso nin ter unha orde de recuperación de axudas pendente.
Canto se cobra
- É un préstamo, non diñeiro a fondo perdido.
- Xuro fixo ou variable, cunha bonificación de ata 5 puntos sobre o tipo de mercado (nunca por baixo do 0 %).
- Devólvese en cotas trimestrais despois da carencia. Os importes e prazos de cada modalidade están no anexo I das bases.
Como se pide
- Só electronicamente, en spiga-sede.igape.es, con certificado dixital.
- Hai que achegar a documentación do anexo I e a xeral (informe CIR do Banco de España, escrituras, contas anuais, relación de investimentos…).
- Resólvese por orde de entrada ata esgotar os fondos.
Prazo
Ata o 1 de decembro de 2026 ás 14:00, se non se esgota antes o crédito.
Que non se che escape ningunha.
Apúntate e avisámoste cando abran as axudas que encaixan contigo.
AvísameRevisado o 04/11/2026. Isto é un resumo: se algo non cadra, valen as bases oficiais.