Re-acciona

Do prezo dunha asesoría especializada para o teu negocio, ata 2 servizos.

Contía
80 %
Estado
Aberta
Ata o 16/11/2026
Quen a dá
Xunta · Igape
Código
IG402A

Quen pode pedila

  • Ser autónomo ou pema con centro de traballo en Galicia.
  • Ter polo menos 3 persoas traballadoras en 2025.

Canto se cobra

  • O Igape paga o 80 % do servizo directamente á entidade que o presta. Ti pagas o 20 % restante.
  • Ata 2 servizos por empresa.
  • Servizos de 3.780 €, 5.355 € ou 6.300 € (sen IVE). A túa parte: 756 €, 1.071 € ou 1.260 €.
  • Temas: estratexia, compliance, talento, ESG, finanzas, procesos, relanzamento comercial, certificacións, innovación e apoio a empresas emerxentes.

Como se pide

  • Escolles unha entidade colaboradora en reacciona.igape.es e é ela quen presenta a solicitude por ti.
  • Resólvese por orde de presentación ata esgotar o crédito.

Prazo

Ampliado ata o 16 de novembro de 2026 ás 14:00, se non se esgota antes.

Tócame? Compróbao en dúas preguntas

  1. Es peme, autónomo ou entidade con centro de traballo en Galicia?
  2. Tedes polo menos 3 persoas traballadoras?

É unha orientación rápida. Os requisitos completos están nas bases.

Que non se che escape ningunha.

Apúntate e avisámoste cando abran as axudas que encaixan contigo.

Avísame
Fontes oficiais

Revisado o 04/11/2026. Isto é un resumo: se algo non cadra, valen as bases oficiais.